lunes, 13 de julio de 2015

AS FESTAS CON AUGA DO CAMPAMENTO TARRÍO

As nosas festas con auga sonche ben divertidas.Xa tivemos bastante sorte e como fixo moito calor estes días, fixemos a FESTA con AUGA do Campamento Tarrío. Os máis pequenos tiñamos un tobogán no que acadamos velocidades  vertixinosas. Ao pousar o pe nel o primeiro que fas e esvarar, jejeje. A todos nos encantou.Pero ademáis do tobogán tivemos tamén moitos xogos relaccionados co auga: carreiras de relevos portando auga, preguntas trampa para salpicar aos compañeiros... incluso o guarda do campamento, aquel que troca a cara segundo nos comportemos, mollouse con nos.

E os maiores tamén tiveron a súa parte con auga: fixeron primeiro distintos equipos para os xogos, e incluso moitos decoraron o seu corpo con debuxos e frases animosas.
A verdade e que todos pasámolo xenial e xa estamos desexando que veña o seguinte día con auga...



















No hay comentarios:

Publicar un comentario