viernes, 26 de julio de 2013

FOTO DE GRUPO 4ª SEMANA


PRIMEIROS AUXILIOS-SOCORRISMO

Hoxe os maiores tiveron un día apaixoante: aprenderon qué facer e cómo actuar fronte a unha emerxencia, e logo por suposto ensináronnolo a nos. Protexer, Alertar, Socorrer... ; a posición lateral de seguridade; a reanimación cardiopulmonar; a maniobra Heimlich contra os atrancamentos do aparato respiratorio... ¡un monte de cousas!. O noso amigo Pasky, adestrador de Arteixo balonmán e monitor de Xoga e Aprende, é socorrista e ensinou as pautas básicas a ter en conta ante un accidentado. Os nosos compañeiros contáronnos que a actividade foi moi interesante e que aprenderan moitas cousas. Pasky deixoulles practicar a reanimación con varios maniquies e máis con algún bebé. Díxolles ademáis que os accidentados eran os nosos monitores Jaco e Xosé, e claro, eles tiñan que salvalos; e polo que sabemos fixérono bastante ben. Enviáronnos unhas cantas fotos da actividade. 



 Ollar, escoitar, sentir....

 Aire
 Circulación
 Colabourando: dous socorristas







 Cos bebés cambia a cousa...


















Heimlich

Todo o grupo de socorristas e accidentados unidos, logo dun bo traballo

miércoles, 24 de julio de 2013

OS PAÍSES

Os maiores andiveron hoxe todo o día ocupados facendo non sei que dos países. A actividade consistía en inventarse un país, co seu nome, a súa bandeira, a súa vestimenta tradicional, a súa lingua, o seu himno, en fin, un país novo, novo. Un dos grupos creou o "país sen goberno", no que o seu traxe tradicional era verde cunhas letras (PAZ), Fixeron ademáis unha bandeira e máis deseñaron varios deportes típicos do mesmo.
 O outro grupo creou o país "Love", e a súa vestimenta máis característica é unha falda lila e unhas camisolas nas que poñían "prohibido chicos". Entre tódalas actividades características do país destaca o "concurso de talentos", do que nos fixeron unha demostración.
E outro grupo máis creou o país do deporte, con moitos deportes de lanzamento (avións de papel, disco, xabalina, peso...)

E houbo tamén o país do revés, no que a camiseta, o pantalón, as zapatillas ... tiñan que estar do revés e máis os xogos tiñan algunhas regras especiais (nunha carreira gaña o que lle leve máis tempo, ...).