lunes, 7 de agosto de 2017

4ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017

Xa estamos na 4ª semana de campamento ¡Como pasa o tempo!. Como xa sabedes, cada semana dedicámola a un tema diferente e esta tocaron os indíxenas americanos. A parte de contarlles un pouco a historia, a cultura e costumes de estas xentes, tamén traballamos un montón: fixemos un cabalo, as nosas propias vestimentas e incluso construímos entre todos e todas unha canoa e un tipi para resgardarnos do enemigo ¡¡TENDES QUE VELO, SOMOS XENTE MOI CREATIVA!!. Non todo foi traballar, tamén dedicamos tempo a diferentes xogos, “Palomitas”, “Cocodrilo cosquillas”... dicir que temos nenos e nenas moi valentes dentro do nos campamento xa que se atreveron co ¡¡SALTO DE ALTURA!!! Non tivo medo nin o primeiro!! O último día aproveitamos para facer dobre festa. A primeira parte da maña fixemos a festa dos indíxenas con carreiras de cabalos e puntería coas plumas, e na segunda parte montamos a famosa festa da auga ¡¡¡PASAMOLO XENIAL E PUXEMOS AOS MONITORES COMA PITOSS!!!!!!! AQUÍ NON SE LIBRA NINGUÉN!!!!





3ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017

Video resumo da terceira semana dos pequeniños do CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017



Nesta terceira semana realizamos todas as actividades en torno a temática dos ANIMAIS. Fixemos un gran mural no cal participaron todos os nenos e nenas do grupo, cada quen coa súa propia tarefa ¡QUEDOUNOS CHULÍSIMO!. Ademais, fixemos diferentes manualidades vinculadas con dita temática: unhas libélulas, uns ourizos e as nosas nespras asiáticas ¡COIDADO QUE SON MAL ENCARADAS!. A parte destas actividades, fixemos un montón de xogos encamiñados a estimular e mover todo o noso corpo: trepamos, arrastrámonos, saltamos, corremos, bailamos... con xogos tales como: “Soldados ao arrastre”, “As orugas”, “A bomba”, “Estatuas” etc O último día era un dos máis esperados polos máis cativos e cativas: a nosa festa da auga pero, como o tempo non acompañou, chegou a ¡¡¡FESTA DAS CORES!!!! Unha festa moito máis ca divertida, rímonos un montón, embaduranmonos en pintura, esvaramos polo chán e deixamos todo o ximnasio feito un CISCO: FOI MOOOOIIII DIVERTIDO











. ¡QUEREMOS REPETIR! Ata a vindeira semana!!!

miércoles, 19 de julio de 2017

ACAMPADA NO CAMPAMENTO TARRÍO

Un ano máis, realizaremos a nosa particular acampada no Campamento Tarrío Verán 2017. Esta será na noite do xoves 3 de agosto ao venres 4, e está dirixida a tódos aqueles rapaces participantes no Campamento Tarrío Verán 2017 ou nas Escolas e Campus de Balonmán Culleredo que cursaran neste 2016/2017 3º, 4º 5º ou 6º de primaria.

Esta é unha boa ocasión para pasar unha primeira noite durmindo en tenda de campaña, sempre tutorizada polos nosos monitores, así como para ter un primeiro achegamento a observación de estrelas, planetas e satélites artificiais e as súas historias.

Deixámosvos a información adxunta e máis o formulario de inscripción.

Un saudo,
Xoga e Aprende

INFORMACIÓN E FOLLA DE INSCRIPCIÓN



CAMPAMENTO TARRÍO-SEGUNDA SEMANA

E comezou a segunda semana do CAMPA.
A temática xeral desta semana foi o ESPAZO. Naves espaciais de últimísima xeración, cometas meteorolóxicos con forma de cohete, estrelas, planetas... ata o propio Neil Amstrong, a primeira persoa en pisar a Lua fíxonos unha visitiña a algúns de nos...

Os pequeniños estiveron deseñando os posibles habitantes dun planeta lonxano: ras con patas como os nosos dedos, pavos reais con plumas coma as follas das árbores, xirafas cos pes de pao, morcegomarionetas... ate deseñaron o astronauta do futuro, ben brilante e rugoso él...

E claro, semana a tope de calor, tocounos inaugurar a FESTA DA AUGA, actividade estrela tódolos anos...












CAMPAMENTO TARRÍO-PRIMEIRA SEMANA

Xa que comezamos! Xa estamos todos preparados para empezar a semana con enerxía, pero sobre todo os nosos rapaces e rapazas, que dende o primeiro momento demostran as ganas que teñen de divertirse con nós! Recen aterrizados no campa, o primeiro día pasámolo fenomenal facendo xogos para coñecernos un pouquiño máis, xogando ao garrote, a pés quedos, ao brilé… non paramos nin un momentiño!
Os nosos cativos esta semana trataron o tema dos dinosauros. Decidimos facer un mural no que cada un achegou no que mellor se lle daba, obtendo un resultado espectacular… menudos artistas! Pero non acabou aí a cousa, xa que fixemos unas máscaras para converternos en Triceratops, que medo! Ademais fixemos algunha que outra manualidade de papiroflexia e por suposto pasámolo en grande coa nosa particular gymkhana o último día da semana!
Outros grupos tamén tiveron tempo para montar o seu particular “ANGRY BIRDS” e os seus blocos de construcción. Tamén houbo sitio para deportes colectivos algo menos coñecidos qeu os habituais, coma o colball.
E pasou algo inesperado no Campamento Tarrío: o venres apareceron os "MINIMAGOS de TARRÍO", que coa súa maxia científica cautivaron ao resto do campamento. 




martes, 2 de mayo de 2017

CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017-INSCRIPCIÓNS ABERTAS

Un ano máis chega o CAMPAMENTO TARRÍO.
A partires de hoxe 2 de maio queda aberta a inscripción para o CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017 a celebrar no recinto do CEIP TARRÍO en colaboración coa ANPA e a dirección do centro.

Deixámosvos toda a info aqui colgada. Coma sempre, podedes realizar a inscripción online ou descargar o impreso e enviárnola por mail ou whats app.

Lembrade que no mes de xullo temos normalmente moitas inscripcións, polo que si este é o mes elexido compre realiz-la inscripción canto antes.

Unha aperta,
Xosé Canedo Rey/Jacob Canedo Monasterio
Clube Xoga e Aprende



FICHA DE INSCRIPCION ONLINE:
https://goo.gl/forms/9JucIfpbH8o1eaCO2


FICHA DE INSCRIPCIÓN PARA DESCARGAR:
https://drive.google.com/open?id=0ByxC46SkU5RAS1M2VUNyVW9ENU0