miércoles, 7 de agosto de 2013

MULTIAVENTURA EN TARRÍO

Este venres foi un día especial no campamento de Tarrío. A verdade é que pareceu coma que fóramos a outro sitio. Ao chegar a primeira hora da mañán fixemos unha saída ao muíño do cubo, sitio ao que xa fóramos algúns de nos, mais non todos, e ao voltar ao campamento... aquelo era unha revolución. Os maiores andaban repartidos polo patio e mais polo ximnasio, saltando dun lado para outro, e ata que nos achegamos non sobemos o que ocorría.
Para comezar, no ximnasio os maiores montaran unha enooooorme tirolina
 e logo fora había varias zonas: a zona da ponte mono






 a zona de arrastre en corda horizontal

 a zona de trepada, con diferentes seccións

 e unha escala feita polos maiores e unha liaa, ¡coma a de Tarzán!





XOGOS POPULARES

Nalgúns días facemos no campamento campionatos de xogos populares: de zancos, chave, lanzamento a rá, carreiras de sacos, tiro da corda, petanca... A verdade é que moitos de nos non coñecíamos nengún deste xogos e gústannos moito.
zancos
 petanca
 tiro a rá



 bolos
 carreira de sacos

 tiro de corda


viernes, 26 de julio de 2013

FOTO DE GRUPO 4ª SEMANA


PRIMEIROS AUXILIOS-SOCORRISMO

Hoxe os maiores tiveron un día apaixoante: aprenderon qué facer e cómo actuar fronte a unha emerxencia, e logo por suposto ensináronnolo a nos. Protexer, Alertar, Socorrer... ; a posición lateral de seguridade; a reanimación cardiopulmonar; a maniobra Heimlich contra os atrancamentos do aparato respiratorio... ¡un monte de cousas!. O noso amigo Pasky, adestrador de Arteixo balonmán e monitor de Xoga e Aprende, é socorrista e ensinou as pautas básicas a ter en conta ante un accidentado. Os nosos compañeiros contáronnos que a actividade foi moi interesante e que aprenderan moitas cousas. Pasky deixoulles practicar a reanimación con varios maniquies e máis con algún bebé. Díxolles ademáis que os accidentados eran os nosos monitores Jaco e Xosé, e claro, eles tiñan que salvalos; e polo que sabemos fixérono bastante ben. Enviáronnos unhas cantas fotos da actividade. 



 Ollar, escoitar, sentir....

 Aire
 Circulación
 Colabourando: dous socorristas







 Cos bebés cambia a cousa...


















Heimlich

Todo o grupo de socorristas e accidentados unidos, logo dun bo traballo