lunes, 7 de agosto de 2017

4ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017

Xa estamos na 4ª semana de campamento ¡Como pasa o tempo!. Como xa sabedes, cada semana dedicámola a un tema diferente e esta tocaron os indíxenas americanos. A parte de contarlles un pouco a historia, a cultura e costumes de estas xentes, tamén traballamos un montón: fixemos un cabalo, as nosas propias vestimentas e incluso construímos entre todos e todas unha canoa e un tipi para resgardarnos do enemigo ¡¡TENDES QUE VELO, SOMOS XENTE MOI CREATIVA!!. Non todo foi traballar, tamén dedicamos tempo a diferentes xogos, “Palomitas”, “Cocodrilo cosquillas”... dicir que temos nenos e nenas moi valentes dentro do nos campamento xa que se atreveron co ¡¡SALTO DE ALTURA!!! Non tivo medo nin o primeiro!! O último día aproveitamos para facer dobre festa. A primeira parte da maña fixemos a festa dos indíxenas con carreiras de cabalos e puntería coas plumas, e na segunda parte montamos a famosa festa da auga ¡¡¡PASAMOLO XENIAL E PUXEMOS AOS MONITORES COMA PITOSS!!!!!!! AQUÍ NON SE LIBRA NINGUÉN!!!!





3ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017

Video resumo da terceira semana dos pequeniños do CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017



Nesta terceira semana realizamos todas as actividades en torno a temática dos ANIMAIS. Fixemos un gran mural no cal participaron todos os nenos e nenas do grupo, cada quen coa súa propia tarefa ¡QUEDOUNOS CHULÍSIMO!. Ademais, fixemos diferentes manualidades vinculadas con dita temática: unhas libélulas, uns ourizos e as nosas nespras asiáticas ¡COIDADO QUE SON MAL ENCARADAS!. A parte destas actividades, fixemos un montón de xogos encamiñados a estimular e mover todo o noso corpo: trepamos, arrastrámonos, saltamos, corremos, bailamos... con xogos tales como: “Soldados ao arrastre”, “As orugas”, “A bomba”, “Estatuas” etc O último día era un dos máis esperados polos máis cativos e cativas: a nosa festa da auga pero, como o tempo non acompañou, chegou a ¡¡¡FESTA DAS CORES!!!! Unha festa moito máis ca divertida, rímonos un montón, embaduranmonos en pintura, esvaramos polo chán e deixamos todo o ximnasio feito un CISCO: FOI MOOOOIIII DIVERTIDO











. ¡QUEREMOS REPETIR! Ata a vindeira semana!!!