miércoles, 19 de julio de 2017

ACAMPADA NO CAMPAMENTO TARRÍO

Un ano máis, realizaremos a nosa particular acampada no Campamento Tarrío Verán 2017. Esta será na noite do xoves 3 de agosto ao venres 4, e está dirixida a tódos aqueles rapaces participantes no Campamento Tarrío Verán 2017 ou nas Escolas e Campus de Balonmán Culleredo que cursaran neste 2016/2017 3º, 4º 5º ou 6º de primaria.

Esta é unha boa ocasión para pasar unha primeira noite durmindo en tenda de campaña, sempre tutorizada polos nosos monitores, así como para ter un primeiro achegamento a observación de estrelas, planetas e satélites artificiais e as súas historias.

Deixámosvos a información adxunta e máis o formulario de inscripción.

Un saudo,
Xoga e Aprende

INFORMACIÓN E FOLLA DE INSCRIPCIÓN



CAMPAMENTO TARRÍO-SEGUNDA SEMANA

E comezou a segunda semana do CAMPA.
A temática xeral desta semana foi o ESPAZO. Naves espaciais de últimísima xeración, cometas meteorolóxicos con forma de cohete, estrelas, planetas... ata o propio Neil Amstrong, a primeira persoa en pisar a Lua fíxonos unha visitiña a algúns de nos...

Os pequeniños estiveron deseñando os posibles habitantes dun planeta lonxano: ras con patas como os nosos dedos, pavos reais con plumas coma as follas das árbores, xirafas cos pes de pao, morcegomarionetas... ate deseñaron o astronauta do futuro, ben brilante e rugoso él...

E claro, semana a tope de calor, tocounos inaugurar a FESTA DA AUGA, actividade estrela tódolos anos...












CAMPAMENTO TARRÍO-PRIMEIRA SEMANA

Xa que comezamos! Xa estamos todos preparados para empezar a semana con enerxía, pero sobre todo os nosos rapaces e rapazas, que dende o primeiro momento demostran as ganas que teñen de divertirse con nós! Recen aterrizados no campa, o primeiro día pasámolo fenomenal facendo xogos para coñecernos un pouquiño máis, xogando ao garrote, a pés quedos, ao brilé… non paramos nin un momentiño!
Os nosos cativos esta semana trataron o tema dos dinosauros. Decidimos facer un mural no que cada un achegou no que mellor se lle daba, obtendo un resultado espectacular… menudos artistas! Pero non acabou aí a cousa, xa que fixemos unas máscaras para converternos en Triceratops, que medo! Ademais fixemos algunha que outra manualidade de papiroflexia e por suposto pasámolo en grande coa nosa particular gymkhana o último día da semana!
Outros grupos tamén tiveron tempo para montar o seu particular “ANGRY BIRDS” e os seus blocos de construcción. Tamén houbo sitio para deportes colectivos algo menos coñecidos qeu os habituais, coma o colball.
E pasou algo inesperado no Campamento Tarrío: o venres apareceron os "MINIMAGOS de TARRÍO", que coa súa maxia científica cautivaron ao resto do campamento.