miércoles, 18 de abril de 2018

ABERTA A INSCRIPCIÓN PARA O CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2018

Un ano máis volta o CAMPAMENTO TARRÍO de VERÁN. Dende xa temos abertas as inscripcións no mesmo. Os primeiros días terán preferencia rapaces que xa participaron noutros anos, pero pódense tamén inscribir os novos. Amosámos aqui toda a información relativa a prezos, semanas de campamento, etc. Lembrámos ademáis que podes realizar a inscripción de xeito ONLINE, dende o PC ou dende o móbil ou tablet.

¡Non o deixes para o derradeiro día!

BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN ONLINE


DÍPTICO INFORMATIVO




*Lembramos tamén que si o precisas podes ampliar o campamento a derradeira semana de Xuño, no que os nosos monitores estarán no Campus de Verán do Balonmán Culleredo 2018, co que compartimos ademáis actividades e filosofía de traballo.
Tendes a información no seguinte enlace:

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN CAMPUS VERÁN BALONMÁN CULLEREDO 2018