domingo, 24 de agosto de 2014

AS ACAMPADAS DE TARRÍO

Pois iso, que na derradeira semana de Xullo algúns de nos qeudámonos a durmir en tendas de campaña no patio do colexio.A tarde comezou con xogos con cordas entre todos: ascenso vertical, equilibrio sobre cadeiras, tirolina... 
Logo tivemos qeu montar as tendas, e a verdade e que tendo tres tipos distintos de tendas levounos un pouquiño, pero de seguro que así sabemos montar calqueira tipo de tenda.

A cea.... a cea tivémola que buscar, porque algún monitor despiadado escondeunola. mi ma!.













E a noite aprendimos cousas ven curiosas das estrelas, si de Astronomía. A osa maior e menor e o poruqe da súa singularidade, o triángulo do verán, coas constelacións da lira, da a´guia e do golfiño, con esas historietas de deuses e semideuses; albireo o ollo do cisne; o xigante hércules e máis o pastor Bootes, coa súa cometa... Incluso poidemos ollar varias estrelas fugaces e outros tantos satélites artificiais, aprendendo a distinguir estrelas, planetas, avións, satélites... Aiche cousas ben curiosas no ceo, e son tantas...




E o erguerse o día seguinte mira que tivemos actividade!. Ate estivemos bailando ao son dos exitos musicais do momento (e tamen outros vellos) no pavillón. Minia e Laura bailan moi ben e ensinaronnos as coreografías





E moitos máis xogos!!

Esta semana os peques tivemos ocasión de visitar o pavillón polideportivo. Mira que é grande!!. Alá fumos facer xogos en equipo





Anque tamén houbo tempo para outras cousiñas; por exemplo os maiores construíron unha escada que subía case ata o teito do ximnasio



Mentres nos practicamos un pouco de slack line, e dicir equilibrio puro e duro








As semanas dos MULTIXOGOS

Pois claro, diso se trata, de XOGAR e de APRENDER, esa é a nosa filosofía, e aquí temos unha mostra ben boa disto:



 E tamén os HIPERTALLERES...



















TINGUINDO CAMISETAS....