lunes, 7 de agosto de 2017

3ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017

Video resumo da terceira semana dos pequeniños do CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2017



Nesta terceira semana realizamos todas as actividades en torno a temática dos ANIMAIS. Fixemos un gran mural no cal participaron todos os nenos e nenas do grupo, cada quen coa súa propia tarefa ¡QUEDOUNOS CHULÍSIMO!. Ademais, fixemos diferentes manualidades vinculadas con dita temática: unhas libélulas, uns ourizos e as nosas nespras asiáticas ¡COIDADO QUE SON MAL ENCARADAS!. A parte destas actividades, fixemos un montón de xogos encamiñados a estimular e mover todo o noso corpo: trepamos, arrastrámonos, saltamos, corremos, bailamos... con xogos tales como: “Soldados ao arrastre”, “As orugas”, “A bomba”, “Estatuas” etc O último día era un dos máis esperados polos máis cativos e cativas: a nosa festa da auga pero, como o tempo non acompañou, chegou a ¡¡¡FESTA DAS CORES!!!! Unha festa moito máis ca divertida, rímonos un montón, embaduranmonos en pintura, esvaramos polo chán e deixamos todo o ximnasio feito un CISCO: FOI MOOOOIIII DIVERTIDO











. ¡QUEREMOS REPETIR! Ata a vindeira semana!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario