lunes, 1 de julio de 2013

Primeiro día da primeira semana do primeiro turno. ¡¡SOMOS OS PRIMEIROS!!

¡¡Hoxe comezamos o CAMPAMENTO VERÁN TARRÍO 2013!!.




A primeira horiña para despertar e coñecernos todos ben fixemos xogos de presentación e máis aprendimos algunha que outra canción.

Logo o grupo dos peques puxémonos a debuxar unha gran pancarta que colgaremos no ximnasio unha vez rematada.



Mentres os maiores fixeron xogos para se coñecer e máis algo de actividade.
Moi perto do medio día fixemos un pequeno descanso para "merendar", e aproveitando a boa temperatura hoxe fixémolo o ar libre.


Logo fumos a coñecer ben o colexio, as pistas, o pavillón polideportivo... e por suposto a suar un pouquiño, pois as carreiras que pegamos...
Rematamos o día decorando uns botes de iogurt con pintura de mans e os maiores facendo un cartel enoooorme que pon algo dunha viaxe arredor do mundo ou algo así. Cando o teñan rematado direilles que colguen unha foto para velo.

1 comentario: