jueves, 4 de julio de 2013

3º día da primeira semana. A máquina do tempo

Hoxe mércores o día foi duro. Durante moita parte da primeira hora da máñán estivemos todos xuntos preparando unha gran gimcana. Os maiores diseñaron unha máquina do tempo que anos levar a distintos países e lugares de todo o mundo (eu ainda non mo creo moito)

 Entre as distintas probas da gimcana tiñamos zonas de equilibrio, de saltos, trepadas... todas elas moi divertidas, ¡e moi cansadas!
 Incluso tiñamos que encestar cos nosos corpos nunha enooorme canastra
 Logo de tanto axetreo dispuxémonos a merendar todos xuntos, esta ves no interior por mor da choiva. A gran mesa en forma de L funcionou a perfección. ¡Somos os habitantes da mesa en L!
 Os peques estivemos tamén moi ocupados na realización dos títeres para o teatro. Cada un de nos tivo un duro traballo


Mentres os maiores estiveron no patio cuberto co paracaidas. Disque estiveron aprendendo un montón de xogos, pero os auténticos ases do paracaídas somos o grupo dos peques.
 Aquí presentamosvos a máquina do tempo, que nos permitirá visitar un montón de sitios de todo o mundo.
Deica mañán

No hay comentarios:

Publicar un comentario