miércoles, 10 de julio de 2013

Mércores 10 de Xullo. 3º día da segunda semana

Hoxe fixo moitísima calor, como estes días, e o grupo de maiores fixo unha excursión ao muíño vello, en Tarrío. Tiveron que ir ben equipados segundo nos contaron a volta. 
 Logo de camiñar ata Tarrío Manolo, o dono do muíño de auga, ensinolles cómo funciona un muíño. E digo ensinolles porque puideron ver como xiraba unha pedra sobre a outra para moer o grano. O auga almacenada nunha pequena represa fai que se mova unha roda conectada coa pedra de enriba. Esta xira sobre unha pedra fixa máis grande e ao pasar o grano entre as dúas pedras obtemos a fariña. Seica non había moita auga, pero si a suficiente como para mover a pedra.
 Logo da visita ao muiño os noso compañeiros tiñan que atravesar o río, máis non existía ponte algunha, e tiñan que ter coidado cos Gustovedros, seres vivintes no auga, con cabeza de crocodrilo e corpo de lagarto, duns 20cm, que son bastante perigosos. Por iso foi necesaria a montaxe dunha longa tirolina que atravesase o río, e todos atravesaron pola mesma. 


 Unha vez na outra marxe do río enviáronnos esta foto:
 Pero seica o perigo non remataba ahí, pois agora habería que atravesar un bosque na que o seños Manolo tiña detectado a presencia días atrás de Gazafellos, que son unha especie de babosas xigantes capaces de chupar ata 4 litros de sangue. Por sorte ninguen foi atacado, malia que algún puido escoitar moverse a un grupo deles.
Logo fixeron a merenda no parque da festa e xa viñeron para o cole.
 Pero nos non estivemos parados, noooon. Nos tiñamos o día da auga, que Catuxa e máis Carlos montáronnos un tobogán acuático impresionante. Refrescámonos todos moito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario