jueves, 4 de julio de 2013

Xoves da primeira semana (4º día). Os xogos de Galicia

Hoxe fixo unha calor tremenda. Menos mal que estivemos moito tempo a sombra das árbores de Tarrío. Comezamos o día dándolle a benvida ao Sol con unha fermosa canción para logo ir a xogar ao patio. Cansámonos un montón. Logo estivemos pintando un cuadro con plastilina. ¡Somos uns artistas!
 Xa na hora da merenda estivemos todos xuntos na herba. Hoxe foi merenda campestre totalmente. ¡Incluso houbo quen comeu empanada!. Perfecto
 Os maiores entraron na máquina do tempo, pero parece que aínda non funciona moi ben, pois deixounos en Galicia (moito non viaxaron) e estiveron aprendendo distintos xogos populares (bolos, petanca, chave, zancos, carreiras de sacos, a rá...). Houbo verdadeiras competicións.
 Algúnha xa era toda unha experta no manexo dos zancos, polo que llelo puxemos un pouco máis complicado co circuíto no patio cuberto.
 Hoxe rematamos o día con un conto magnífico. Mantívonos abraiados durante bastante tempo, e xusto no máis interesante tivemos que marchar... Pero mañá seguiremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario