jueves, 30 de julio de 2015

3ª SEMANA CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2015

Buah, canto tempo pasou xa dende o cole!!. Xa van tres semanas de campamento e parece que pasou un mundo de tódalas cousas que fixemos. Esta semana tivemos algunha que outra sorpresiña...
Os peques comezamos a calurosa semana cun castelo hinchable. As monitoras contáonnos que de deixalo gardado o roeran os ratos e tivemos que hinchalo a pleno pulmón. Eu nunca pensei que o daríamos hinchado, pero en pouquiño tempo, entre todos, lográmolo. Eu non sei se alguén faría trampa e utilizaría un hinchador...
Tamén tivemos festa con auga, co noso tobogán esvaradizo. Non houbo ninguén que quedara seco, nin as monitoras. Menos mal que temos estas festas para refrescarnos, porque ca calor que vai...
Ademáis estivemos aprendendo un chisco de globoflexia. Con globos pódense facer un monte de figuras diversas.
E o derradeiro día tivemos actuación de zumba tarriacha, que é como lle chamo eu aos bailes que nos ensinan.
Os maiores a verdade é que eu non ando moi enterado, pois xa tivemos bastante co noso, pero un día si que me chamou a atención: fixerón unha Gladiator race, ou unha xincana con un montón de probas. Molláronse, embarráronse, correron... unha auténtica loucura. Están coma tolos estes maiores...

































No hay comentarios:

Publicar un comentario