sábado, 4 de julio de 2015

1ª SEMANA CAMPAMENTOS DE TARRÍO-ARRANCAMOS

Comezaron xa os CAMPAMENTOS TARRÍO VERÁN 2015. Xa tivemos cheo absoluto na primeira semana de campamento, e velaquí vos deixamos algunha fotos das actividades realizadas.



 Os grupos mais pequenos comezamos con un monte de xogos, deseñando a nosa bandeira de equipo e construíndoa. Temos tamén unha mascota, deseñada por nos...
 Ademáis tivemos unha visita especial (que veu para quedarse con nos todo o verán). É o guardián do Campamento. O seu estado de ánimo vese reflexado na nosa pizarra e temos que conseguir que tódolos días esté contento. Non llo contedes a ningúen, pero temos un pequeno truco, e é que si os peques nos portamos ben, o guardián sempre amosa un sorriso...

Houbo tamén tempo para o baile, na que algún de nos fixonos unha coreografía ben xeitosa. Incluso Minia e Jessica bailaron con nos!.


Os maiores algún día chegaron algo durmidos, pero estiveron todo o rato axudándonos. Hay un lote deles.




 Cada grupo de maiores estivo tamén deseñando a súa bandeira, nome de equipo (a república bananera chámase un, xdd) ainda que ningún tan molón coma os nosos. Ana estivo co grupo de maiores, Paula cos medianos e Cristina cos non tan grandes.





 Ademáis contáronnos que estiveran moito tempo xogando, suando, as veces no pavillón e outras no patio do cole. Estiveron tamén facendo "minioms" con goma eva.







O venres foi un día especial para nos, pois tivemos o DÍA CON AUGA. TODOS rematamos mollados coma pitiños. Os maiores fixeron unha xincana pirata, e nos estivemos no noso castelo hinchable, para logo comezar a facer un montón de xogos con auga. Incluso con tobogán. Pasámolo xenial, ainda que rematamos moi cansos.

Para o luns voltaremos con un monte de cousas novas. Os monitores dixéronnos que íamos aprender como ve un cego, como escoita un xordo... a verdade non temos nin idea do que nos agarda, pero de seguro que será algo divertido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario