lunes, 13 de julio de 2015

2ª Semana CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2015

Nesta segunda semana tocounos, ademáis de xogar moito, aprender cousas sobre a diversidade funcional. Si, xa sei que tedes a cara coma o guarda do campamento, pero explicovos un pouco de que vai este conto. Trátase de porse no sitio de nenos que teñen algún tipo de problema visual, auditivo ou sicomotor. Nuns primeiros intres un neno con dificultades visuais tiñanos que guiar por un laberinto a todo o grupo. Nos tiñamos que ensinarlle a fixarse noutras cousas aparte do sentido da vista. Ademáis, tiñamos que recoñecer as caras tan só polo tacto, polas formas e rugosidades de cada un.Os maiores dixéronnos tamén un truco, pero non podemos contarllo a ninguén, i é que polos olores tamén podemos recoñecer as persoas...

Tamén tivemos esta semana clases de zumba, ou algo ben parecido, e... ¡puidemos deseñar as nosas camisetas!. Esta parte foi ben divertida. Cada un tiña qeu facer o seu propio deseño sobre a camiseta do campamento. Eu creo que a miña quedou molona, anque hai algun maior que debuxa moi ben...

Os maiores tiveron tamén unha pequena iniciación ao acrosport, que consiste en facer figuras coas persoas mesmamente.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario